Recortes nas Escolas Oficiais de Idiomas

Xuventudes Socialistas de Vigo, se suma á denuncia do portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón.

A Consellería de Educación reduciu , na escola oficial de idiomas, as prazas de profesores e os horarios nas franxas de tarde, as máis demandadas, aplicando “políticas regresivas que reducen a oferta e a calidade educativa”.

Rodríguez Calviño, secretaria xeral das xuventudes socialistas de Vigo, dixo: "sen dúbida medidas como esta van en contra dos mestres, do alumnado e dos propios centros das escolas e provocan unha alarmante diminución da calidade do servizo”.

A decisión da Xunta vai contra o profesorado por canto reduce ata un 30 por cento das prazas e elimina os períodos destinados a coordinar os plans de estudos. Vai contra o alumnado, por canto elimina as franxas horarias de maior ocupación, entre as 18,00 e as 22,00, e elimina períodos lectivos complementarios, e impide os cursos complementarios dos centros das Escolas de Idiomas.