Esta tarde, as xuventudes socialistas de Vigo tivemos un dos primeiros actos formativos que vamos a ter nos próximos meses. Para esta inauguración contamos coa compañeira Yolanda Aguiar, Directora Xeral do Gabinete da Presidencia do Parlamento, para facer un balance do goberno de Emilio Pérez Touriño e coa Presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, para explicarnos o funcionamento da Cámara Autonómica, este período 2005-2009 foi o de máis presenza do Presidente da Xunta de Galicia, con 12 comparecencias e 170 preguntas orais.
Ben é certo que poderíamos estendernos liñas e liñas falando da xestión dos nosos compañeiros nesta última lexislatura, do funcionamento do Parlamento, que está máis vivo que nunca. Sen embargo a mensaxe está clara “temos que estar orgullos@s de ser socialistas ninguén nos pode quitar este sentimento, soamente un goberno socialista podería facer realidade as nosas inquedanzas, e que TOURIÑO, E SOAMENTE TOURIÑO É O NOSO PRESIDENTE”.
Grazas Lola, grazas Yolanda.
Ánimo compañeir@s, que aínda queda moito traballo ata o 1 de Marzo!!!
1 comentarios:
Alégrome de atopar o voso blog e de ver que hai máis compañeir@s bloggers. Xa queda agregado o voso blog a miña lista de blogs que visito. Un saúdo.
Publicar un comentario