Quén somos

UN SÉCULO DE HISTORIA

A primeiros do Século XX, a mocidade obreira galega, ó tempo que a do resto de Europa, comeza a organizarse para defender os seus dereitos dacordo coas ideas socialistas introducidas en España polo galego Pablo Iglesias, que fundou o PSOE en 1879 e a UGT en 1888.

En 1904 xurde en Vigo a que se convertiría na primeira agrupación das Xuventudes Socialistas de Galicia e a terceira creada en España. Dous anos máis tarde as diversas federacións do Estado agrúpanse e crean en abril de 1906 as Juventudes Socialistas de España (JSE), a organización xuvenil do PSOE, que ten participado nos máis importantes acontecementos históricos do noso país: a proclamación da II República, a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, a resistencia durante a Guerra Civil e a dictadura, a transición, a democratización definitiva do noso país...

Xuventudes Socialistas de Galicia ten xa máis de 100 anos, ó longo dos cales a organización foi adaptándose á evolución da sociedade e ás necesidades da xuventude, aínda que segue a conservar o espírito de loita pola liberdade, a igualdade e a solidariedade que sementou o seu nacemento.

XUVENTUDES SOCIALISTAS DE VIGO HOXE

“Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas, nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito de xustiza que as anima, senón para difundilas, para levalas a todas partes...”

Pablo Iglesias.


Sempre guiados por esta ilusión, os membros das Xuventudes Socialistas de Vigo somos un grupo de mozos comprometidos cunha cidade diferente, máis humana, máis comprometida, na que teñan cabida todas e todos os vigueses sen exclusións.

Traballamos activamente buscando solucións para os retos que se lle presentan á cidade, e motivando ós mozos de Vigo para que participen no cambio, para que non se resignen, pois entre todos podemos conseguir unha cidade mellor.

Se ti tamén cres neste cambio, e tes ganas de colaborar, invitámosche a que nos coñezas. Visítanos sen compromiso, infórmate e participa se o decides. Paga a pena.

0 comentarios:

Publicar un comentario